No Dia Mundial da Poesia, deixo aqui um poema da minha amiga galega Asun Estévez Estévez.
XUNTAS
A poesía respira, ten vida propia. Camiña ao meu lado, namórame cada día. A poesía déixame abrazala, goréceme do frío. Eu sei que son dela, ela sabe que é miña. Unha coa outra somos palabra, construímonos xuntas, facemos mundo. Tocamos o ceo.